publicidade hoxe

O García Márquez acolle o espectáculo teatral “Ultranoite no país dos ananos”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOleiros
A-
A+

Mañá sábado 11 de abril ás 20:30 horas o auditorio Gabriel García Márquez de Mera acolle o pase Ultranoite no país dos ananos. O Grupo Chévere presenta esta obra baixo a dirección colectiva dos membros de grupo. Esta compañía, distinguida co Premio Nacional de Teatro 2014, propón unha viaxe retranqueira pola sociedade actual onde a lírica será a arma para o cambio. O prezo da entrada será de 5 euros.

10 de abril de 2015 | 19:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.