O ferry que une A Guarda e Caminha retoma as súas viaxes o venres 3 de abril

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+

O ferry que une o Concello de A Guarda coa vila de Caminha, en Portugal, restablece as súas viaxes este venres día 3, con motivo da celebración da Semana Santa.

A primeira viaxe sairá dende Caminha ás 17.00 horas (hora española). Pola súa banda dende A Guarda, o ferry cara Portugal, partirá ás 17.30 horas (hora española). As travesías continuarán tanto o sábado coma o domingo.

A próxima semana o transporte estará condicionado polas labores de dragado que se están a levar a cabo no río e que non son compatibles coas viaxes do ferry. Espérase que o sábado 11 se retomen as travesías e que o ferry recupere o seu normal funcionamento.

Durante todo o mes de abril o transporte será gratuíto.

Consulta de horarios na oficina do ferry a partir do venres día 3 e no teléfono 986 61 15 26.

1 de abril de 2015 | 18:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.