O equipo xuvenil do Santiago Futsal proclámase campión de Liga

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

O equipo xuvenil de División de Honra proclamouse campión de Liga do Grupo 1. Onte o equipo xuvenil conseguía unha vitoria ante O Esteo FS que o convertía en campión a falta de dúas xornadas para o final da competición. Tras 18 xornadas, os de Jorge Basanta conseguiron un total de 16 vitorias e 2 empates que os situaron no primeiro posto da táboa.

Tras proclamarse campións galegos, xogarán o Campionato de España do que aínda terán que esperar sorteo para coñecer ao seu rival.

Pola súa banda, o equipo filial Santiago Futsal B volveu á vitoria fóra de casa na difícil pista do Troula FS. Tras remontar un 2-0 inicial, conxunto branco levaría a vitoria co 2-5 final grazas aos goles de Iago Otero, Julio, Alberto, Ricardo e Marcos Gianzo. Con esta vitoria, o filial mantense no terceiro posto da clasificación.

En Liga Senior feminina, Santiago Futsal A Gaiola A conseguiu unha vitoria no primeiro partido do Play Off 3-0 ante DOG House nun partido complicado e que esixiu o mellor das xogadoras para poder levar a vitoria.

Santiago Futsal A Gaiola B mediuse a UD Estrada A en o seu 2º partido da liga de consolidación. A primeira parte foi de claro dominio do conxunto local que non conseguiron materializar as ocasións xeradas e que en dúas chegadas das visitantes recibiron dous goles. Na segunda parte, o cansazo fixo madeixa nos xogadores do SFAG que recibirían o terceiro e definitivo tanto.

20 de abril de 2015 | 19:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.