O equipo feminino da Sociedade Ximnástica participará na Final de 2ª División Nacional
Tras a celebración do gran resultado cultivado polo equipo feminino da Sociedade Ximnástica no Campionato de Galicia de Clubs, onde quedaron terceiras, tras máis de 15 anos sen subir ao podio. Ás mozas pontevedresas volvéronlles a dar outra alegría, ao comprobar a puntuación que levan acumuladas, de face a clasificarse para a Final a oito de 2ª División Nacional.
A remodelación que sufriu o cadro pontevedrés na tempada, coa incorporación de caras novas e a achega dunha canteira que segue medrando; foi clave para sumar ata agora 13.050 puntos no Estadillo de marcas; moi lonxe dos 11.266 puntos, que conseguiron o ano pasado e que lles deixou fóra da Final de 2ª División por un posto.
Con esta puntuación a Ximnástica practicamente asegura a clasificación para a Final, seguindo as estatísticas dos últimos anos, cando aínda quedan tres semanas para seguir sumando puntos. A actuación das mozas en Ferrol, no Galego, foi clave para chegar a esta puntuación, xa que ata 9 marcas, das 18 que aparecen no Estadillo, rexistráronse na localidade coruñesa.
Eva Iglesias con 1.006 puntos é a que suma máis puntos, grazas á súa marca nos 5 km. marcha; pola contra o sector de lanzamentos son as que acumulan menos puntos. Polo momento haberá que esperar a finais de mes a que a RFEA publique todas as puntuacións e sáibanse os 8 clasificados para a Final do 14 de xuño.











