O departamento de igualdade convida aos cidadáns a sumarse ás actividades do Día do Pai Coidador

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

A Área de Igualdade do Concello, que dirixe a concelleira Ángeles Rodríguez, convida aos vilagarciáns a sumarse este domingo ao Día do Pai Coidador. Ás 5 da tarde, no vestíbulo do recinto feiral de Fexdega, se abrirá unha exposición de traballos realizados nas últimas semanas polos alumnos das escolas de Educación Infantil de Aralde e Municipal de Vilagarcía e do CEIP de Rubiáns.

Ademais, e como o ano pasado, haberá un photocall no que os nenos e nenas que o desexen poderán facerse “unha foto co seu pai/ avó/tío ou calquera outro home que sexa importante na súa vida, mostrando un cartel que amose algunha frase coa que se sintan identificados e identificadas, e que corresponda a algunha tarefa de coidado”, segundo explica a Área de Iguladade. Todas esas instantáneas formarán parte da campaña “Meu pai mímame, día do pai coidador” e poderán ser contempladas a través dunha galería de imaxes na web municipal, www.vilagarcia.es

O obxectivo do Día do Pai Coidador é “visibilizar a importancia de que os pais asuman as tarefas de coidado como característica fundamental do exercicio dunha paternidade responsable e fomentar a corresponsabilidade dentro do fogar”. Partindo esta premisa, durante o mes de marzo os centros educativos estiveron traballando nas súas aulas no concepto de pai coidador como unha nova forma de asumir a paternidade e contibuír a unha igualdade real entre mulleres e homes.

10 de abril de 2015 | 18:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.