O contacontos Anxel Moure ten unha nova cita cos fexteiros o domingo
Os Fexteiros teñen unha nova cita este domingo, 4 de maio, coa diversión. O programa deseñado pola Concellería de Xuventude volve a contar nesta ocasión co contacontos Anxel Moure que, despois do e´xito de hai unhas semanas coa súa Titiricleta, agora chega co “Nubilete”.
A previsión meteorolóxica para a tarde do domingo é de choivas, polo que a actividade celebrarase no interior do pavillón de Fexdega, aínda que nun emprazamento novo debido á celebración en Fexdega esta fin de semana do Salón de Motor. Como a feira ocupa a zona de entrada do recinto, os Fexteiros terán reservado un espazo na zona deportiva, polo que deberán entrar ao pavillón pola entrada máis próxima ao acceso aberto recentemente pola travesía situada fronte ás palmeiras. A entrada estará sinalizada.
Con esta nova actividade dos Fexteiros, a Concellería de Xuventude ofrece unha alternativa de ocio para nenos e nenas na que a parte lúdica e festiva conte tamén cunha dimensión solidaria e de educación en valores.
A representación comezará ás seis da tarde é a entrada é libre e de balde.











