O conselleiro de Educación visita o laboratorio de medicina xenómica da USC

Román Rodríguez na visita ao laboratorio. Foto: X. Crespo
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, realizou esta mañá unha visita ao laboratorio da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, que cualificou como “un referente da investigación a nivel internacional”. Este laboratorio, que forma parte do Sistema Universitario Galego, é un exemplo de excelencia e liderado no eido da investigación universitaria.
Na súa visita o conselleiro estivo acompañado do director do Laboratorio, Ángel Carracedo, e do reitor da Universidade de Santiago, Juan Viaño.











