O concurso de Maios e Coplas do Concello de Ourense recibiu 23 propostas
Rematado o prazo de inscrición hoxe ás 14 horas para participar no concurso de Maios e Coplas do Concello de Ourense 2015, hai presentados un total de 23 proxectos a concurso. Con esta participación, a programación da Festa dos Maios será, o domingo 3 na Alameda cos seguintes horarios:
. 12 h: Inicio das romarías
. 13 h (Concerto da Banda Municipal de Música)
. De 12 a 16 h sesión vermú con petiscos
. 16:30 h xogos e enredos populares
. 18:30 h Entrega de premios e canto de coplas finalistas
Os concertos de Jazz cambian de escenario
Con motivo das condicións climatolóxicas adversas previstas para a ponte, os dous concertos de jazz da fin de semana previstos inicialmente na Praza Maior cambiarán de escenario. O concerto do venres, “Abe Rábade trío e Real Filarmónica de Galicia será no Auditorio Municipal a partir das 22 horas, e o concerto do sábado “Carles Benavent trio e Antonio Serrano e Raynald Colom” será na Praza de Santa Eufemia, a partir das 23 horas.
Tamén o sábado terá lugar o concerto do coro Aires da Terra, o legado de Feijoo, en homenaxe a Perfecto Feijoo, un dos pais dos coros galegos. Será no Liceo ás 20 horas.
Horarios da Oficina de Turismo
Durante estes tres días, 1, 2 e 3 de maio, a oficina de Turismo terá horarios especiais con motivo da celebración dos Maios. Abrirá en horario de mañá, de 11 a 14 horas, e de tarde, de 17 a 19 horas.
Tamén esta fin de semana, continúa o Concurso de Pinchos Primavera 2015, no que participan 50 locais, ata o 10 de maio, cun custe máximo por pincho de 2,5 euros.











