O Concello de Vilagarcía saca a licitación a obra de mellora da rúa Vista Alegre
O Concello de Vilagarcía saca a licitación a obra de remate da mellora da Rúa Vista Alegre, un proxecto presupuestado en 288.500 euros e que ten un prazo de execución de 4 meses. O anuncio publícase no DOG de hoxe, pero as empresas interesadas non poderán presentar as súas ofertas ata despois de que tamén se publicite no BOP, algo previsto como moi tarde para o luns, 4 de maio. A documentación ya está dispoñible digitalmente no perfil do contratrante do Concello
A actuación que se financia a través dos fondos do PUXIM 2015 que lle corresponden a Vilagarcía, non se limitará a mellorar a estética e mobilidades da rúa da zona monumental, senón que tamén aproveitará para renovar as redes de servizos básicos soterrados, concretamente as canalizacións do saneamento e a de abastecemento de auga que nesta rúa son moi antigas e aínda de fibrocemento, polo que se producen rebentóns con moita frecuencia. Ademais, preverase unha canalización para futuro soterramento da rede eléctrica do alumeado público.
O remate da mellora da Rúa Vista Alegre tratase dunha obra demandada pola vecindade e un dos plans prioritarios do equipo de Tomás Fole, centrados no acondicionamento e posta en valor de toda a contorna do conxunto monumental, incluído a zona da Xunqueira, a Praza de Abastos e o Castro de Alobre.
Tramo peonil
O proxecto para Vista Alegre dividirase en dúas partes en función do tramo pernil e do tramo polo que circula o tráfico. No primeiro comeza xusto onde remata a zona pernil enlousada, na entrada do colexio Filipense, e remata no cruce con López Cuevillas. Este traxecto leva xa un par de anos peonalizado, permitíndose soamente o paso dos vehículos de usuarios dos garaxes alí emprazados. A actuación proxectada prevé a completa humanización deste tramo da rúa que quedará a nivel.
Habilitarase un carril de vehículos para o acceso aos garaxes. Construirase en formigón, material que resiste mellor o paso dos coches sen deteriorarse. Para que teña unha imaxe máis estética e acorde coa zona monumental, o formigón tratarase mediante pulido ou impresión.
A zona de beirarrúas ensancharase a ambos lados e, aínda que irás a nivel co carril, diferenciaranse deste porque se construirá con lousas de pedra similares á da zona peonil que baixa cara Castelao.
Tramo con tráfico rodado
O segundo tramo da Rúa Vista Alegre tamén será obxecto dunha importante mellora posto que, ademais de mellorar o deteriorado firme, tamén permitirá ensanchar un pouco e reformar as beirarrúas. O firma, que na actualidade se atopa afundido e con moitos desniveis e buratos que dificultan a circulación rodada, nivelarase con formigón.
As beirarrúas reconstruiranse por completo para darlles un pouco máis de ancho que e para nivelalas, xa que na actualidade hai tramos que presentan un peralte ou desnivel moi grande que dificulta o andar das persoas e o paso de carros ou cadeiras de rodas,
A obra non se limitará a parte externa ou máis estética, senón que tamén se aproveitará para mellorara a rede se servizos soterrados, concretamente as canalizacións do saneamento e a de abastecemento de auga que nesta rúa son moi antigas e aínda de fibrocemento, polo que se producen rebentóns con moita frecuencia.











