O Concello de Vigo cooperará na celebración do II Congreso da Sociedade Galega de Feridas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVigo
A-
A+

Responsables da organización do evento expuxeron hoxe martes ao alcalde de Vigo os detalles do II Congreso da Sociedade Galega de Feridas, que terá lugar na cidade os días 29 e 30 de maio baixo o lema “Coidas as Feridas, Esforzo Compartido”. Abel Caballero trasladóulles o apoio do Concello nunhas xornadas que reunirán a uns 25-30 ponentes e máis de 400 congresistas.

O alcalde de Vigo ofreceu este martes o respaldo institucional á Sociedade Galega de Feridas (SGH) na organización e celebración do seu segundo congreso, que acollerá a Sede Social Afundación os próximos 29 e 30 de maio. “Imos cooperar”, subliñou Caballero, “queremos que Vigo se constitúa nunha cidade de congresos; para nós o desenvolvemento dos congresos é un factor de atracción na cidade que queremos potenciar”, afirmou.

Segundo apuntou Caballero ante os medios de comunicación, o evento reunirá a uns 20-25 ponentes e máis de 400 congresistas procedentes de dentro e fóra das nosas fronteiras, que abordarán a aplicación de coidados a pacientes con feridas crónicas e de difícil cicatrización. O Congreso afrontará o contido científico mediante talleres eminentemente prácticos, mesas redondas e simposios.

A Sociedade Galega de Feridas (SGH) naceu como punto de encontro de profesionais para a xeración e divulgación da mellor evidencia científica na prevención e tratamento deste tipo de feridas.

21 de abril de 2015 | 17:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.