publicidade hoxe

O Concello de Teo informa do prazo de revisión dos datos do censo electoral

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTeo
A-
A+

Diante da próxima convocatoria das Eleccións Locais 2015 a Oficina do Censo Electoral comunica aos Concellos que o prazo de exposición pública do Censo Electoral será entre o 6 e o 13 de abril, ambos incluídos. Os/as cidadáns de Teo poden consultar os datos no Concello de xeito presencial en horario de atención ao público, de 08:00 a 14:00 horas de luns a venres ou o sábado de 09:00 a 13:00 horas. Tamén se pode chamar ao teléfono 901-101-900.

Durante o prazo de exposición pública, ata o luns 13 de abril, calquera persoa pode presentar unha reclamación administrativa sobre os seus datos censais. Esta reclamación só se pode presentar de xeito presencial nas oficinas do Concello identificándose co DNI, pasaporte ou permiso de conducir no que apareza a fotografía do titular.

Dende os servizos administrativos tamén se informa de que os maiores de 14 anos teñen que ter obrigatoriamente no padrón o DNI. No caso de que ese dato non apareza tamén deben dirixirse ó Concello para incluílo, xa que se non teñen ese dato poden impedirlle votar o 24 de maio. Esta circunstancia pódelle afectar sobre todo ás persoas que veñen de cumprir 18 anos e teñen dereito a voto por primeira vez.

6 de abril de 2015 | 17:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.