O Concello de Poio contratará a 5 traballadores perceptores de RISGA

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPoio
A-
A+

O Concello de Poio acóllese, un ano mais, ao programa posto en marcha pola Consellería de Traballo e Benestar Social da Xunta de Galicia que lle permitirá contratar a 5 traballadores perceptores de RISGA (Renta de Integración Social de Galicia) durante sete meses e por unha xornada do traballo do 75%. Nesta ocasión, a concellería de Benestar Social, dirixida por Lidia Salgueiro, contratará persoal para complementar o servizo de limpeza municipal.

O proceso selectivo iniciaráse nas vindeiras semanas unha vez que o INEM envie o listados das persoas receptoras de RISGA que cumplan os requisitos recollidos na Orde que regula dita convocatoria. Comezarán a traballar afinais do mes de maio.

A pesar do positivo da iniciativa, dende a concellería de benestar querese denuncianse a falta de dilixencia por parte da Xunta de Galicia a hora de resolver os solicitudes pendentes da devandita axuda, tendo en conta que no concello de Poio hai usuarios que levan esperando dende o mes de outubro de 2014 por unha resposta.

 

24 de abril de 2015 | 19:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.