O Concello de Ourense presentará un incidente de inexecución á sentencia que afecta a unha parcela dos terreos do Centro de Saúde do Couto

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

O alcalde de Ourense, Agustín Fernández sinalou está mañá, recibida sentencia ao respecto da expropiación dunha das parcelas dos terreos nos que se está a construír o centro de Saúde de O Couto, que “a construcción do centro de Saúde, pode continuar, se rematará e se porá ao servizo da cidadanía”. “Estamos ante unha herdanza máis, da anulación do Plan Xeral do 2003, pero a consecuencia non é a nulidade da cesión da parcela, senón continuar a discusión, en sede xudicial, da indemnización, cos propietarios. As obras do Centro de Saúde se están facendo, se seguirán facendo e están garantizadas”.

O Concello de Ourense recibiu comunicación da sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en virtude da cual, o Tribunal entende que a anulación do Plan Xeral de 2003 “anula todas as actuacións expropiatorias que se deriven do plan habilitante, incluídos os expedientes para a fixación do xustiprecio”,

O ámbito ao que se refire estaba calificado no Plan Xeral do ano 2003, anulado por sentencia xudicial firme no 2011, coma solo urbano non consolidado, a obter por expropiación para equipamento público.

O Concello obtivo por ese sistema un total de 9.329 m2 para equipamentos públicos por un importe de 303.375 euros nun lugar óptimo para a cidade, á carón do río Miño e os terreos foron cedidos á Xunta de Galicia, ao Instituto Galego de Saúde, para a execución do Centro de Saúde de O Couto.

A especial complexidade do ámbito fai que unha das parcelas, que forma parte do conxunto expropiatorio, sexa cuestionada polo Tribunal Superior de Xustiza anulando a expropiación (O Tribunal fai referencia a parcela d, indicada no plano que se adxunta)

Ante este feito, o Concello de Ourense, dacordo cos informes técnicos, presentará un incidente de inexecución, por imposibilidade material, xa que ao haberse cedido os terreos non se poden revertir, e acordarase, en sede xudicial, a eventual indemnización para o propietario da parcela, no caso de que corresponda.

Os propietarios do aparcamento do CHUOU terán que legalizar as obras realizadas na ampliación

Esta mañá, a Xunta de Goberno Local acordou, denegar a licencia de apertura ao Grupo Estacionamentos Ourensanos SA, ante a falla de correspondencia entre o proxecto de obra e a obra realizada. Os técnicos municipais entenden que na execución da ampliación do aparcamento, solicitada licencia para a mesma no ano 2008, hai un “exceso de volume”, polo que non se axusta á licencia municipal concedida para a súa execución.

Este acordo será notificado á Deputación Provincial como titular do aparcamento, e aos concesionarios do mesmo, e contra él cabe recurso de reposición ante o mesmo Concello.

Os informes técnicos entenden que “se pode proceder á execución das obras e/ou legalización da edificación coa normativa actual en vigor, sempre e cando sexa ao amparo dunha nova licencia”. Así, o Concello insta ao ente provincial como titular do equipamento e aos concesionarios do mesmo a que leven a cabo os pasos necesarios para legalizar a construcción e se poida tramitar unha nova licencia, unha vez solventadas as eivas que imposibilitan a súa concesión, procedendo á legalización definitiva da situación.

Agustín Fernández subliñou que “compelemos aos propietarios á legalización das obras, xa que son defectos fácilmente subsanables, e se deben correxir. É a nosa obriga advertir dos riscos e instar ás partes a solventar esta situación á maior brevidade posible”.

23 de abril de 2015 | 16:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.