O Concello de Ourense anima á participación na Festa de Interese Turístico dos Maios

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

A concelleira de Educación e Cultura, Ana Garrido, presentou esta mañá as bases do Concurso de Maios e Coplas 2015, xunto á técnica de Normalización Linguística, Mónica Valencia. Esta festividade, declarada como Festa de Interese Turístico, se desenvolverá na Alameda do Concello durante o domingo 3 de maio.

No concurso poderán participar todas as asociacións culturais, colexios, grupos, colectivos veciñais, entidades e persoas dentro das modalidades de Maios e Coplas. No ámbito dos Maios haberá catro categorías: maio enxebre, artístico, creativo – se recupera esta figura – e maio infantil. Por outra banda, nas Coplas valorarase a retranca, a composición o ritmo e a linguaxe utilizada, penalizando o uso de textos de anos anteriores. En total serán 11.000 euros que se concederán en concepto de axudas pola participación e os premios aos gañadores.

O prazo para presentación de inscricións estará aberto ata o día 30 de abril ás 14 h, e a inscrición dos participantes farase nas dependencias da Concellería de Cultura, na Praza de San Martiño, nº 2 – 1º.

Carta animando á participación

Desde a concellería de Educación e Cultura, enviarase tamén unha carta animando aos colectivos e asociacións á participación na Festas dos Maios. En especial aos colexios, con dous aspectos novos nas bases deste ano que son o premio para coplas infantís e a incorporación novamente do maio creativo – recreación dos maios podendo incorporar outros elementos que non sexan de orixe vexetal -.

8 de abril de 2015 | 17:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.