publicidade hoxe

O Concello de Oleiros dedicará un espazo público á memoria de José Couso

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOleiros
A-
A+

O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, sinalou a intención do Goberno local de dedicar un espazo público á memoria do cámara ferrolán José Couso Permuy. Couso foi reporteiro gráfico e faleceu durante a invasión de Iraq o 8 de abril de 2003 a causa do lume do exército estadounidense. Couso foi abatido por un proxectil disparado desde un carro de combate americano cando se atopaba gravando no balcón da súa habitación en Hotel Palestine de Bagdag, desde onde cubría o conflito nese instante. Doce anos despois da morte de Couso o seu crime continúa impune.

13 de abril de 2015 | 18:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.