O Concello de Mos pecha as contas do 2014 cun superávit de máis dun millón de euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

A sesión plenaria ordinaria do mes de abril do Concello de Mos celebrouse esta semana incluíndo na orde do día a dación de conta da Liquidación Presupostaria do exercicio 2014. Mos pechou as contas do ano pasado cun superávit de máis dun millón de euros cumprindo ademais co obxectivo de estabilidade orzamentaria.

O informe de intervención avala uns resultados positivos na liquidación do orzamento do pasado ano 2014 que se resumen no cumprimento do obxectivo de estabilidade orzamentaria con superávit de 1.234.787,66 euros, resultado orzamentario do exercicio positivo por importe de 231.522,67 euros, aforro orzamentario positivo por importe de 1.234.822,41 euros e remanente de tesourería positivo por importe de 211.826,62 euros que deberá ser destinado a atender obrigas pendentes de aplicar ó orzamento contabilizadas a 31 de decembro do exercicio 2014 e ao pago de facturas.

Os catro principais indicadores da liquidación presupostaria teñen un resultado positivo e veñen a demostrar que se está cumplir o Plan de Axustes posto en marcha en 2011 e que, se a progresión económica das arcas municipais continúa deste mesmo xeito, en 8 anos a débeda do Concello de Mos será cero.

En canto á cifra positiva do remanente de tesourería que se aproxima ós 212.000 euros, apuntar que no pasado exercicio 2013 esta cantidade xa foi similar pero a lei obrigaba a investila en rebaixar a débeda; algo que non ocorre coa do 2014, que volve ó orzamento municipal revertindo en gasto corrente que se investirá en pagar facturas.

En definitiva, segundo versa literalmente no informe do interventor municipal do Concello de Mos, a liquidación do orzamento mosense do exercicio 2014 cumpre o obxectivo de estabilidade orzamentaria, entendido como a situación de equilibrio ou de superávit en termos de capacidade de financiamento.

30 de abril de 2015 | 19:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.