O Concello de Lugo sortea os membros das 124 mesas electorais para as eleccións do 24 de maio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+

O Concello de Lugo celebrou hoxe, dacordo cos prazos establecidos polo calendario electoral, a sesión plenaria extraordinaria na que se efectuou o sorteo das persoas que formarán as mesas electorais nos comicios municipais do 24 de maio.

No sorteo, celebrado por ordenador, foron elexidas as 1.116 persoas necesarias para constituir, ben como titulares ou como suplentes, as 124 mesas electorais nos que poderán depositar o voto os veciños e as veciñas do concello de Lugo. O censo eleitoral para estes comicios é de 79.331 persoas e para cada unha das mesas foron elexidos 3 titulares (un presidente e dous vogais) e 6 suplentes (dous para cada uno dos membros da mesa).

Unha das novidades que se producirán nestas eleccións locais é a modificación na ubicación dalgunhas das mesas electorais no noso término municipal, que se producen para facilitar todo o posible o exercizo do dereito ó voto das persoas censadas en Lugo.

O Concello, a petidión da Comisión de Alcaldía e Participación cidadá, realizou un estudo da ubicación das mesas e colexios electorais, co obxectivo de analizar a súa situación xeográfica con relación ó domicilio dos eleitores.

A finalidade desta modificación foi que, no posible e sempre dentro das limitacións legais establecidas, a ubicación dos colexios electoriais resulte o máis cercana posible para o groso do eleitorado da sección censual.

Tralos informes técnicos oportunos, modificouse a ubicación das Mesas electorais das Seccións: 5/2, 5/3, 5/13, 5/14, 5/16 e 5/19. As zonas afectadas por estes cambios son, en liñas xerais, as rúas Lamas de Prado, Ourense, Tui, Barrio de Marcelle, Rosende e Mar Cantábrico, así como as zonas do antigo Hospital Xeral, da fábrica de Abella e do Castiñeiro.

Para informar ós eleitores e eleitoras afectados por estes cambios, o Concello enviou perto de 8.000 cartas informativas a outras tantas persoas inscirtas no censo eleitoral nas devanditas zonas.

27 de abril de 2015 | 17:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.