O Concello de Ferrol renova o convenio de colaboración con Aspanaes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, renovou esta mañá o convenio de colaboración coa asociación ASPANAES Ferrol para a realización de programas de apoio a familias e integración social de persoas con TEA. O primeiro edil da cidade estivo acompañado da representante da entidade, María José Álvarez Folgar; e da concelleira de Benestar Social do Concello de Ferrol, Rosa Martínez Beceiro.

Rey Varela manifestou a súa satisfacción por renovar este acordo de cooperación coa Asociación de Pais de Persoas con Trastorno do Espectro Autista “un importante convenio dirixido ás persoas que dende o primeiro día deste mandato son a nosa prioridade”. De feito, Rey Varela lembrou que cando chegou á Alcaldía en 2011 a colaboración municipal con ASPANAES se reducía a 3.000 euros, cantidade económica queo actual Goberno Municipal incrementou até a actual cifra de 5.000 euros

O incremento desta achega municipal por parte da Concellería de Benestar Social permite a ASPANAES continuar coa realización de actividades para fomentar os recursos de apoio as familias das persoas con TEA, así como promover a autonomía persoal e a socialización das persoas con autismo e outros trastornos do espectro autista.

16 de abril de 2015 | 19:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.