O Concello de Ferrol impulsa a actividade teatral “Espantallo amigo” sobre o texto de Neira Vilas
A concelleira de Educación e Deportes do Concello de Ferrol, Susana Martínez Galdós, informou esta mañá da actividade teatral “O Espantallo Amigo”, sobre o texto de Xosé Neira Vilas, que se desenvolverá os vindeiros días 16 e 17 de abril no Teatro Jofre. Este foi un dos asuntos abordados hoxe na comisión informativa de Cultura, Educación, Deportes e Turismo; e que forma parte dos programas educativos municipais 2014-2015.
Un total de 835 alumnos e alumnas de 3º, 4º e 5º de Educación Primaria, pertencentes a dez centros escolares da cidade, participarán nesta actividade teatral. Así, os diferentes menores recibirán cadanseu libro “O Espantallo Amigo” de Neira Vilas; e se distribuirán en tres quendas: xoves 16 ás 10.00 e ás 11.30 horas; e venres 17 ás 10.30 horas. Os centros educativos da municipio ferrolán que participarán os días 16 e 17 nesta actividade son os seguintes: Cruceiro de Canido, Juan de Lángara, Manuel Masdías, Ponzos, Isaac Peral, A Laxe, San Xoán, Pazos, Recimil e Esteiro.
A compañía de teatro “Os Quinquilláns” será os encargados de representar esta adaptación teatral.











