O Concello de Ferrol adhírese á rede de cidades para a prevención do consumo de alcohol en menores

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal Portada
A-
A+
Sinatura do convenio de colaboración

Sinatura do convenio de colaboración

O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, asinou esta mañá a acta de adhesión ao Proxecto Cidades en Rede para a prevención do consumo de alcohol por menores de idade. Esta iniciativa promovida pola Federación Española de Bebidas Espirituosas (FEBE) enmárcase dentro da campaña “Menores ni una gota. Más de 100 razones para que un menor no beba alcohol”. Así, a Administración ferrolá amosa o seu firme compromiso na loita contra o consumo de alcohol en menores de idade, pasando a formar parte dunha rede composta xa por máis de corenta concellos e gobernos rexionais de todo o territorio nacional. Entre eles atópase a Xunta de Galicia e os municipios de Lugo, Ferrol, León, Ávila, Granada, Málaga, Córdoba, Xeréz, Cádiz, Huelva, etc).

Jose Manuel Rey Varela estivo acompañado polo director de FEBE, Bosco Torremocha, durante a sinatura da acta de adhesión a este proxecto que tivo lugar esta maña no Salón de Recepcións do Consistorial ferrolán. Deste xeito, o Concello reforzará o seu traballo na prevención do consumo de alcohol en menores a través dos seguintes compromisos:

Desenvolvemento de actividades para menores e familias

Ao longo dos vindeiros meses, o Concello de Ferrol e FEBE divulgarán as diversas actividades de información e prevención dirixidas a menores que se realizarán en torno á campaña. Estas propostas fomentarán un ocio alternativo, libre do consumo de bebidas alcohólicas, a través de iniciativas que buscarán a implicación e participación dos menores na mesma.

Ademais, a campaña tamén comprende o desenvolvemento de accións destinadas a dotar á familias de ferramentas para afrontar un posible consumo precoz de bebidas alcohólicas nos seus fillos. Deste xeito, a coñecida psicóloga de menores Rocío Ramos-Paúl, máis coñecida pola súa intervención no programa Supernanny, elaborou unha guía gratuíta de razóns polas que un menos non debe beber alcohol, que contén ademais consellos e ferramentas de utilidade para os proxenitores. Esta guía pode descargarse na páxina web: www.menoresniunagota.es.

Apoio da cidadanía: implicación de rostros coñecidos

Máis de 120 rostros coñecidos prestaron a súa imaxe de forma altruista a esta campaña a nivel nacional, a través de vídeos nos que aportan consellos e razóns polas que un menor non debe consumir alcohol. Estes consellos, basados nas súas propias experiencias e vivenzas están dispoñibles na web www.menoresniunagota.es.  

Periodistas, cantantes, actores, deportistas e un amplo abanico de personalidades comprometéronse con esta iniciativa. Así, no caso de Ferrol se procurará o apoio dos rostros máis coñecidos da cidade.

Promover accións na hostalería “Yo no vendo alcohol a menores”

Para atallar o problema do consumo de alcohol por menores de idade se desenvolverán además diferentes accións que buscarán a implicación doutros colectivos municipais.

Así, debido a que a venda de alcohol a menores está prohibida pola lexislación vixente, o Concello de Ferrol e FEBE se comprometen a promover accións cola Hostalería e Distribución baixo o lema “Yo no vendo alcohol a menores”, para evitar a dispensación e venda de bebidas alcohólicas a menores de idade.

A Rede de Municipios Contra o Consumo de Alcohol en Menores de Idade supón un paso máis na campaña “Menores ni una gota. Más de 100 razones para que un menor no beba alcohol” promovida polo Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad (MSSSI) e a Federación Española de Bebidas Espirituosas (FEBE). A través desta rede ábrese a posibilidade á administración local a adherirse aos objectivos da mesma na loita contra o consumo de alcohol en menores dende unha perspectiva preventiva e educativa. Dirixida fundamentalmente a pais, pero también aos propios menores, a campaña se desenvolve a través de diversos soportes informativos e canles de comunicación.

13 de abril de 2015 | 14:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.