O Concello de Ferrol acometeu unha quincena de actuacións de aglomerado de rúas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

A Concellería de Servizos e Medio Ambiente do Concello de Ferrol, que dirixe Borja Carro Muñoz, informou hoxe sobre as actuacións de mantemento de viarios e beirarrúas acometidas durante as últimas dúas semanas do presente mes de abril -do 13 ao 24- nos barrios de Santa Icía, Recimil, Esteiro, San Pablo, Caranza, Doniños e Esmelle. Estas tarefas levadas a cabo polos operarios de Misturas S.A –empresa adxudicataria do servizo- se centraron na reparación de aglomerados e de beirarrúas en mal estado; e responden a demandas recollidas polos técnicos municipais, a Oficina Municipal de Atención Cidadá e/ou transmitidas polos representantes veciñais nas reunións do Plan de Barrios.

Así, os traballos de mellora e reparación de beirarrúas se acometeron na estrada de Santa Icía. A esta actuación hai que engadir as de reposición de firmes con aglomerado que nas últimas dúas semanas se realizaron en Recimil, Esteiro, San Pablo, Caranza, Doniños e Esmelle. A relación de rúas e zonas nas que se realizaron actuacións no aglomerado é a seguinte:

– Recimil: rúas Carvallo Calero e Euskadi.

– Esteiro: rúas Manuel Murguía con Galego Soto, avenida de Esteiro, Mac Mahon, Españoleto, saída do túnel da avenida de Vigo, San Roque-Ánimas e Fernando VI.

– San Pablo: estrada de Catabois

– Caranza: rúa Lepanto.

– Doniños: pista Vilabuide.

– Esmelle:camiño Trailocastro.

Plan de Renovación Integral de Viarios

Ademais, a segunda fase do Plan de Renovación, Pintado e Sinalización de Viarios da cidade, que se enmarca na cuarta fase do Plan de Barrios que se se está desenvolvendo na actualidade, amplía a súa zona de actuación aos barrio de Ferrol Vello e A Magdalena; e continúa os traballos no Ensanche A.

Así, entre hoxe e mañá martes está previsto que se inicien os traballos de preparación do firme de zahorra na rúa Castelo de Andrade, no Ensanche A; así como as tarefas de retirada de adoquines en Almendra, situada en A Magdalena. Tamen comezarán esta semana as tarefas de fresado e aglomerado do firme en Manuel Comellas, en Ferrol Vello e na rúa Doutor Fleming, situada en A Magdalena.

A estas intervencións en Ferrol Vello, Ensanche A e A Magdalena hai que sumarlles preto dunha vintena de actuacións recollidas neste segundo programa de actuacións do Plan de Renovación de Viarios en Ultramar, Esteiro, San Xoán, Santa Mariña, Canido e Caranza. As intervencións incluídas polo Goberno Municipal nesta segunda fase do Programa de Renovación Integral de rúas atenden a demandas recollidas nos encontros de traballo que o alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, mantén coas entidades veciñais ao abeiro da cuarta fase do Plan de Barrios.

27 de abril de 2015 | 18:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.