O Concello de Ferrol abre o prazo de exposición pública do censo electoral

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

O Concello de Ferrol abre hoxe o prazo de exposición pública do Censo Electoral. Neste período, que se prolongará até o vindeiro luns 13, calquera persoa poden presentar unha reclamación administrativa sobre os seus datos censuais.

Así, o devandito censo estará a disposición dos interesados na Oficina Municipal de Estatística, situada na planta baixa da Casa Consistorial. A consulta deberá ser formulada polo propio interesado, previa identificación e o horario habilitado para facela é de luns a venres entre as 09.00 e as 14.00 horas. O horario amplíase ás tarde nas xornadas de hoxe, martes 7, e pasadomañá, xoves 9. Así, durante estes dous días, tamén estará dispoñible entre as 17.00 e as 19.00 horas. Ademais, existe un número de teléfono de consulta: 901 101 900.

7 de abril de 2015 | 19:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.