publicidade hoxe

O Concello de Fene comeza un plan integral de rebacheos en 44 rúas, pistas e camiños

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFene
A-
A+

O Concello de Fene iniciou esta semana un plan integral de rebacheo en todas as parroquias do municipio. Un plan que se suma as tarefas de mantenemento continuo que realiza ao longo do ano o departamento municipal de Servizos e que nace das demandas trasladadas polos veciños e das visitas de supervisión que teñen asignadas de forma periódica efectivos da Policía Local e das realizadas polos propios membros do goberno municipal. Deste xeito, o alcalde, Gumersindo Galego, explica que o Concello actuará nun total de 44 puntos (tres en Fene, oito en Perlío, oito en Barallobre, seis en Maniños, nove en Limodre, oito en Sillobre e dous en Magalofes).

E, en concreto, nos seguintes lugares: Fene -rúa Gerardo Díaz, Avda. do Concello e camiño que conduce á Fonte do Campo-; Magalofes –Botarixo e Feal As Picas-; Sillobre –Lubián, Coasta da Lagarteira, Raño, Valado, Visura, Belelle, Curveira con Marraxón e As Agrochas-; Limodre –Cruce Campanario ata Igrexa Vella, Campanario, Cornide, Camiño do Castelo ata estrada de Laraxe, Estrada do polígono ata o campo de fútbol de Limodre, Camiño da Fonte, Rachabordos, Almieiras e estrada de Laraxe-; Maniños –Camiño da Telleira e baixada á Praia, rúa do Medio, Camiño do Catalán, rúa Unión, Camiño do Conde, Camiño do centro de saúde-; Barallobre –Camiño dos Carballas, O Castro, Loira, Chousas, Casaredo de Romariz, Nogueirido, Pablo Ares Feal, Carril-; Perlío –rúa Queiroga, rúa Cañotas con Santiago, Río Cádavo, rúa Hortelá ata a Rectoral, Rotonda de Tellerías co Regueiro, rúa Alta, rúa Maroño e Pachuzo ata o campo de fútbol Os Pinares-.

Así mesmo, o Concello tamén vén de iniciar a semana pasada unha campaña especial de desbroces en todo o termo municipal. Para estas tarefas destina o tractor municipal e alquilou un segundo vehículo destas características, que reforza o servizo. As labores son realizadas por dous operarios municipais, que comezaron os traballos na parroquia de Limodre. Os desbroces levaránse a cabo nas pistas e camiños a ambos márxenes e nunha superficie de metro e medio. Trátase dunha campaña que o Concello realiza coa chegada da primavera, e que se suma aos habituais traballos de desbroce que executa no ano.

10 de abril de 2015 | 19:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.