publicidade hoxe

O Concello de Curtis reforza a súa aposta polo deporte base na recepción á Federación Galega de Fútbol sala

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCurtis
A-
A+

O alcalde de Curtis, Javier Caínzos, aproveitou a recepción esta mañá á Federación Galega de Fútbol sala para destacar o compromiso do Concello para potenciar o deporte base, froito de cal xa hai preto dun centenar de mozos que participan nas Escolas Municipais Deportivas de Fútbol sala. Ademais, destacou o  acordo de colaboración alcanzado coa Federación para que as seleccións galegas desta modalidade deportiva nas categorías de benxamín, alevín, infantil e cadete utilicen as instalacións curtienses tanto na concentración como nos adestramentos e partidos.

Nas concentracións, os xogadores, desde o venres pola tarde ao domingo pola mañá, alóxanse no albergue do Centro Etnográfico do Río Mandeo en Teixeiro e utilizan os pavillóns municipais nos adestramentos.

No acto de recepción estiveron presentes o alcalde, o presidente da Federación Galega, os seleccionadores da categoría cadete e infantil e os monitores deportivos de fútbol sala municipais. O presidente da Federación agradeceu a colaboración municipal e subliñou a idoneidade das instalacións deportivas utilizadas.

14 de abril de 2015 | 17:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.