publicidade hoxe

O Concello de Cambados construirá un parque infantil en Adro-Castelo con fondos provinciais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambadosPontevedra
A-
A+

A Deputación aprobou hoxe, na súa Xunta de Goberno, a concesión de 102.677 euros ó Concello de Cambados para construír unha zona de ocio infantil en Adro-Castelo.

O parque dotarase do mobiliario axeitado (balancíns, randeeiras, resortes e conxuntos de xogo coma o castelo, a casiña ou a árbore) e construirase unha base de formigón que se recubrirá con caucho nas diferentes zonas de xogo e con cores que eviten impactos visuais negativos sobre as zonas patrimoniais próximas. Nesta actuación tamén se contempla a instalación dunha zona verde con vexetación autóctona.

Así mesmo, construirase unha rampla de acceso ó parque desde o paso de peóns que hai na zona.

O prazo de execución das obras será de 2 meses.

24 de abril de 2015 | 17:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.