O Concello da Laracha renova o pavimento no igrexario de Lendo

Traballos de pavimentación
O Concello da Laracha, no desenvolvemento do plan de conservación e mantemento en boas condicións das vías de titularidade municipal, está acometendo as obras de renovación do pavimento no núcleo de O Igrexario da parroquia de Lendo. O proxecto, financiado integramente con fondos propios municipais, ten por finalidade mellorar as condicións da superficie de rodadura dotándoa cunha capa de aglomerado asfáltico en quente para facilitar o tránsito dos vehículos e reforzar a seguridade viaria
As actuacións estanse executando unha vez realizados os traballos necesarios para a posterior ampliación da rede de saneamento de auga neste lugar, coa que se dará cobertura integral a todas as vivendas do núcleo. Recentemente o Concello da Laracha adquiriu os terreos necesarios para levar a cabo ditas actuacións.
O Igrexario de Lendo é un dos punto de encontro de referencia para os veciños da parroquia ao albergar a igrexa parroquial de San Xiao e estar emprazado a carón de O Cruceiro, lugar no que se sitúa o centro sociocultural e que tamén conta cun parque infantil e praza pública.











