O Concello da Laracha ampliará as redes de abastecemento en Lendo e Erboedo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Laracha
A-
A+

Os núcleos de A Torre (parroquia de Lendo) e Cercido (Erboedo) serán dotados co servizo de abastecemento de auga coa execución dun amplo proxecto promovido polo Concello da Laracha.

As actuacións están valoradas conxuntamente en preto de 60.000 euros, que serán cofinanciados nun sesenta por cento con fondos propios municipais e na cantidade restante, cunha achegada concedida pola Xunta de Galicia con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental.

O proxecto contempla a ampliación das dúas redes de abastecemento de auga nunha lonxitude lineal de 1.250 metros, permitindo dotar co servizo ás vivendas de ambos lugares (nos que residen actualmente, segundo o padrón municipal de habitantes, medio centenar de persoas) e avanzar cara futuras melloras no subministro cara outros núcleos de poboación próximos.

A existencia de máis de trescentos lugares poboados ao longo do termo municipal da Laracha require dun importante esforzo investidor na prestación de servizos á poboación rural que o Concello da Laracha leva a cabo asumindo custes con recursos propios municipais e acudindo a programas convocados por outras administracións, neste caso a Xunta de Galicia.

24 de abril de 2015 | 18:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.