O Concello da Guarda reduciu nun 80% a débeda con bancos e proveedores

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+

O resultado da liquidación do ano 2014 pon de manifesto a boa situación económica do concello da Guarda fruto da xestión económica desenvolvida polo equipo de goberno nestes últimos anos nos que se adoptaron unha serie de medidas tendentes á contención do gasto, de aforro, control dos servizos e racionalización na prestación dos servicios públicos. O esforzo levado a cabo polo goberno, nun entorno económico adverso, permite pechar o ano con números positivos nas contas do concello.

Débeda con bancos

Se no ano 2006 o endebedamento do concello da Guarda cos bancos era de 2.150.606,64€ o concello cerrará o 2015 no entorno dos 500.000€, é dicir, o descenso do endebedamento cos bancos é do 76,10% (o concello minorou o seu endebedamento en máis dun millón e medio de euros). O ratio de endebedamento por habitante sitúase nos máis baixos da provincia de Pontevedra, no entorno dos 48€ por habitante, cando no 2006 era de 112,2€/habitante. O concello da Guarda é o terceiro con menor débeda   da provincia, dentro dos municipios de máis de 10.000habitantes.

Dédeda con proveedores

Pero o esforzo feito en reducir o endebedamento non sería completo se non damos tamén a cifra do endebedamento con proveedores, sendo as obrigas pendentes de pago   a 31 de decembro de 2006 de 2.238.468,47€, mentres que a 31 de decembro do 2014 á débeda con proveedores era de 240.165,48€ (a día de hoxe totalmente pagada).

Sinalar que o periodo medio de pagamento a proveedores era hai uns anos de 180 días, no 2014 reduciuse a 45 días e no 2015 estase a pagar no entorno dos 30 días a contar da entrada da factura no concello. Nestes momento o concello da Guarda ten todo pagado ata o 15 de marzo do ano en curso (quedando unicamente 28.855,33€ pendentes dun Plan de Deputación)

Resultados da liquidación do 2014-SUPERAVIT-

A liquidación do 2014 amosa un resultado orzamentario positivo de 372.334,94€,   e un remanente de tesourería tamén positivo que acada a cifra de 332.559,00€ . O concello da Guarda cumpre co criterio de estabilidade e co equilibrio presupuestario.

Medidas económicas para o 2015

O equipo de goberno determinou no orzamento de 2015 conxelar os diferentes impostos municipais, asimesmo acordouse ampliar o prazo de pagamento dos impostos para facilitar as xestións aos veciños e veciñas da localidade.

10 de abril de 2015 | 19:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.