publicidade hoxe

O Concello creará unha área de xogo para a práctica de deportes sobre rodas no paseo da Magdalena

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeira
A-
A+

O Concello de Cedeira ampliará a curto prazo as posibilidades de uso do skate park emprazado no auditorio ao aire libre que se ubica no paseo da Magdalena, abrindo estas instalacións á práctica de deportes sobre rodas para rapaces e rapazas maiores de doce anos. Será mediante a incorporación de novos elementos e infraestructuras nesta pista de skate habilitada recentemente. Entre estes, o Concello sumará un dobre funbox e outro simple con barandilla, ou unha rampa de salto, e transformará as actuais rampas de acceso ao recinto en zonas de xogo. A actuación tamén contempla a mellora das condicións do pavimento, tanto do escenario como da pista central do auditorio, así como a ampliación da zona axardinada circundante.

A intervención está valorada en preto de 50.000 euros e, actualmente, atópase en fase de licitación. Unha vez conclúa o proceso administrativo, o prazo de execución da actuación é de catro meses.

O proxecto nace a demanda do colectivo xuvenil e para a redacción do proxecto, contouse co asesoramento de especialistas na materia. Cabe recordar que o Concello habilitaba meses atrás o primeiro skate park do municipio neste mesmo espazo mediante a construcción de tres rampas de formigón. A inmediata resposta á iniciativa, coa crecente presenza de usuarios na área recreativa leva agora ao Concello a seguir mellorando as condicións de uso. Unhas instalacións que favorecen un ocio saudable ao aire libre e adaptadas á práctica deste tipo de deportes con todas as garantías para os rapaces.

10 de abril de 2015 | 19:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.