O Concello aproba 13 novos convenios para prácticas en empresas de alumnos de Ourense Inserta

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou na súa xuntanza desta mañá a sinatura de 13 novos convenios de colaboración con outras tantas empresas da cidade para a realización de prácticas non laborais en empresas no marco do proxecto de inserción sociolaboral OURENSE INSERTA, destinado a persoas con especiais dificultades de acceso ao mercado laboral.

O obxectivo prioritario do programa, que se puxo en marcha a mediados do ano 2012 é fomentar a creación de emprego de calidade entre persoas con dificultade de acceso ao mercado laboral, o igual que o obxectivo destes 13 convenios que permitirán que 80 persoas desempregadas realicen prácticas nun entorno real de traballo, tendo a oportunidade de  aumentar así o seu currículo profesional,  o que lles axudará no acceso a un emprego estable.

As entidades colaboradoras na realización das prácticas son: GALIROUTING, S.L., GALIRES, S.L., PROMOCIONES ALFESAGA, S.A. , CAFFE ARABICA OURENSE, S.L.U.  , CAFFE ARABICA VISTA HERMOSA, S.L. , FOOD HOUSE ARABICA, S.L., FERROVIAL SERVICIOS, S.A., LIMPIEZAS, AJARDINAMIENTOS Y SERVICIOS SERALIA, S.A. , GERIATROS, S.A. , ESTRADA CRISTOBO, S.L. , FUNDACION SAN ROSENDO , CESPA JARDINERÍA, S.L. e ECOURENSE, U.T.E. O obxectivo do Concello con estes convenios é proporcionarlle ás persoas que participen unha experiencia profesional que lles permita acceder ao mercado laboral nas mellores condicións.

Dentro deste mesmo programa, a Xunta de Goberno Local aprobou na súa sesión da semana pasada outros 10 convenios de colaboración para a realización de prácticas de formación sociolaboral, no marco do proxecto Ourense Inserta. Neste caso serán os/as participantes nos cursos de operacións básicas de restaurante e bar e operacións básicas de cociña. Estes 10 convenios permitirán que máis de 25 persoas realicen prácticas nun entorno real de traballo e completen a formación teórica recibida, podendo así acadar o correspondente certificado de profesionalidade, o que lles axudará no acceso a un emprego estable.

As entidades colaboradoras neste caso son CHOUPANA BAPAREIRA SERVICIOS HOSTELERÍA S.L., DANI & GUS S.L., VALENCIA & MALINGRE, S.L., CEHOSGA INVERSIONES Y SERVICIOS S.L. , R.T. ESCHER, S.C., JOSÉ CAMPA LAMAZARES – Cafetería Universidade, ASOCIACIÓN AIXIÑA-OURENSE, COTO DO RANO, SERUNION, S.A. e SOCIEDAD TEXTIL LONIA S.A.

9 de abril de 2015 | 13:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.