O Centro de Día Terapéutico da Rede Pública de Alzhéimer leva cinco días sen liña telefónica
AFAL Ferrolterra informou esta mañá de que as instalacións do Centro de Día Terapéutico da Rede Pública de alzhéimer, ubicadas na antiga Casa do Mar da cidade naval, levan cinco días sen liña telefónica –dende o pasado mércores-, cos conseguintes perxuízos. Unha situación que vén derivada de problemas técnicos da operadora contratada. Así as cousas, a realidade é que o centro non recibe nin pode realizar chamadas telefónicas. A asociación lamenta esta situación, confía en que se solucione canto antes e pide desculpas á cidadanía polos trastornos que poida ocasionar.











