O Centro de Convivenica de Fingoi acolle un obradoiro de lactancia materna para avós

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+

A Concellería de Benestar Social e Igualdade informa que o próximo mércores 29 de abril a partir das 11:30 horas terá lugar un obradoiro de lactancia materna dirixido a avós e avoas. A actividade será de algo máis dunha hora de duración. Trátase dunha actividade de animación sociocultural dirixida por unha profesional da asociación Bico de leite arredor da lactancia materna e organizada desde os centros de Uxío Novoneyra e Fingoi.

Desta maneira, todos aquelas avoas e avós que estean na etapa da vida na que poidan apoiar ás súas fillas e/ou noras na tarefa do aleitamento materno ou que sintan curiosidade por este tema poden achegarse a Aula C do Centro de Convivencia de Fingoi.

Esta actividade ten como obxectivo normalizar o feito do aleitamento entre as avoas e avós de hoxe en día, desmitificar conceptos erróneos sobre a lactancia natural e orientar a esta poboación nas formas en que poden axudar.

27 de abril de 2015 | 17:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.