publicidade hoxe

O Centro Comercial A Barca e Humana entregarán un lote de alimentos aos servizos sociais de Poio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPoioPontevedra
A-
A+

O Centro Comercial A Barca e a Organización Non Gobernamental para o Desenvolvemento (ONGD) Humana Fundación Pueblo para Pueblo sumaron as súas forzas para facer entrega dun lote de produtos de alimentación por valor de 700 euros á concellaría de Benestar Social de Poio que será a encargada de distribuílos entre as familias máis necesitadas da localidade.

A titular de Benestar Social e Igualdade do Concello de Poio, Lidia Salgueiro, é a encargada de recibir a doazón de mans de Olga Gonzálvez, xerente do CC A Barca, e máis de Darío Gómez, responsábel de Humana en Galicia, nun acto que se terá lugar mañá MÉRCORES 29 DE MAIO nas dependencias do propio centro comercial, e agradece que, un ano mais, ambas entidades teñan a ben facer dita aportación, que con toda seguridade axudará e paliará as necesidades de familias do municipio. Asemade, agradece a colaboración prestada dende a xerencia do supermercado Carrefour, entidade que suministra os alimentos.

A correcta xestión das máis de 30 toneladas de roupa e calzado usados que recolleu Humana durante o 2014 nos dous contedores situados no aparcadoiro do centro comercial, permitiron obter os recursos precisos para realizar esta achega. Os alimentos, adquiridos no propio centro comercial, serán repartidos polo departamento de Benestar Social do concello de Poio.

O Centro Comercial A Barca cede o seu espazo no centro para a colocación de contedores de reciclaxe téxtil, contribuíndo deste xeito a unha mellor xestión dos residuos domésticos e, ao tempo, facendo posíbel accións de Axuda Social coma que hoxe se levou a cabo.

28 de abril de 2015 | 18:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.