publicidade hoxe

O CB Nigrán regresa do Torneo Internacional Águeda Basket con dous importantes premios

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesNigrán
A-
A+
Entrega de premios

Entrega de premios

O CB Nigrán volve de Portugal, onde participou no Torneo Internacional Águeda Basket  coas espectativas máis que cubertas. O equipo cadete feminino fíxose co 3º posto do Torneo e Paula Barros Ferreira, sendo aínda de categoría Infantil, foi clasificada como unha das cinco mellores xogadoras do torneo en categoría Cadete , formando así parte do  “quinteto ideal”. A expedición Nigranense formada por xogadoras, pais e equipo técnico gozou de tres días de basket no país veciño compartindo unha fermosa convivencia coas familias de acollida do Club Ginasio Águeda de Gica, que puxeron as súas casas a disposición das xogadoras de Nigrán para pasar a noite alí durante as tres xornadas de duración do Torneo. Os pais e nais sinalan que foi unha experiencia moi enriquecedora para eles e as súas fillas e agradecen a gran hospitalidade das familias portuguesas que xa foron convidadas para que asistan aquí a un dos Torneos organizados polo CB Nigran para dar continuidade a esta actividade e establecela xa como un intercambio anual  entre os dous Clubs de Basket.

Estes dous premios obtidos en Portugal pechan de forma inmellorable a actividade deportiva que o CB Nigrán levou a cabo esta semana Santa e que comezou o pasado Día 30 co Torneo Basket sen Barreiras que o club organizou  no Pavillón de Panxón obtendo unha gran afluencia de público e a felicitación por parte de todos os Clubs invitados.

Con estas magníficas noticias o CB Nigrán afronta, con máis ilusión se cabe, a última fase desta tempada, que reinicia a súa actividade o próximo fin de Semana, onde os equipos federados loitarán pola copa nas súas diferentes categorías.

Ademais continuarase co traballo nas escolas deportivas que o club ten nos diferentes colexios de Nigrán preparando xa as próximas actividades nas que participarán de aquí a fin de tempada.

6 de abril de 2015 | 13:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.