O Carballiño inicia as citas procesionais e relixiosas da Semana Santa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

O Carballio inicia este mércores os actos programados dende a confradía da Vera Cruz para esta Seman Santa 2015. As 20:30 horas terá lugar, no templo de Palacios, o Viacrusis dos Xóvenes. A primeira cita procesional será o xoves 2 de abril. As 23:30 celebrarsae a procesión penintencial da Sentencia, co paso do Noso Señor da Sentencia, e perocrrido dende a capela da nosa señora dos desamparados, na residencia Irmao Prieto, ata a o templo da Veracruz.

Antes desta procesión terá lugar, as 10:00 horas a celebración penitencial na igresia do centro, as 16:30 a cena do señor na capela dos Irmaos Prieto, e as 19:00 horas a celebración eucarística da Cea do Señor no templo da Veracruz. Durante esta celebración terá lugar o lavatorio de pes e o traslado do Santísimo Sacramento o monumento, onde permanecerá para a adoración dos fieis.

O venres santa, as celebracións comenzarán as 16:30 horas, na capela dos Irmaos Prieto, ca Paión, para despois , as 18:00 celebrar o mesmo acto no templo da Veracruz.

As 21:00 horas terá lugar unha das procesións más seguidas no carballiño, a do Santo Enterro o dos caladiños, dende o templo da Veracruz. Abrirán esta procesión a Cruz Procesional, o Cristo da Veracrzu e as santa reliquias. Participando tamen os pasos de santa María Magdalena, o Cristo Xacente e nosa señora das Dores.

Durante esta procesión se contará ca cantante Maribel López, Almudena Mosquera e o Orfeón do Carballiño, así como a real banda de gaitas da Deputación de Ourense.

1 de abril de 2015 | 16:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.