O Carballiño contará co Grupo de Emerxencias municipal dende o vindeiro luns

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

O alcalde do Carballliño anunciaba hoxe a contratación dos 12 traballadores que formarán parte do servicio municipal de emerxencias, e que estará activo ata o 31 de decembro do presente 2015. Deste xeito queda formado este grupo, único na súa calidade de 100% municipal, de toda Galicia.

A inversión municipal neste servicio será de preto de 130.000 euros, en concreto 129.328,40 euros, que serán destinados ao pago dos salarios dos 12 traballadores do mesmo. Este traballadores, que comenzaron a chamarse dende o concello hoxe, son os que estaban xa na lista elaborada polo consistorio trala última selección, e que ten una validez de dous anos, polo que no é necesario relaizar outro tipo de concurso.

A posta en marcha deste servicio municipal de emerxencias será o vindeiro luns, 6 de abril, e os contratados estarán divididos en 4 capataces e 8 operarios, co cal estarán cubertos todolos turnos e todolos días.

Este servicio municipal actuará exclusivamente e no Carballiño, aunque se foran reclamados dende a central de emerxencias para apoio en acciones fora do mesmo, actuarían igualmente.

Deste xeito Argimiro Marnotes solventa una problemática que “certamente tiñan a min, e ao meu grupo de goberno, moi preocupados, xa que entendiamos que un municipio como O Carballiño non podìa permanecer moito tempo sen un servicio como este”.

1 de abril de 2015 | 12:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.