O campo de fútbol en Mabegondo mellorará as instalacións con fondos provinciais
O último pleno provincial aprobou por unanimidade unha achega de 47.998,71 euros para realizar melloras no campo de fútbol do Monte, en Mabegondo (Abegondo).
As obras permitirán mellorar tanto o terreo de xogo coma os vestiarios, xa que consisten na instalación de luminarias no campo e a substitución de chaves das duchas por interruptores temporizados e a instalación de termos eléctricos. Ademais, renovarase toda a instalación eléctrica e se proxecta a impermeabilización da cuberta dos vestiarios.
En total, o costo da obra ascende a 59.998,39 euros, dos que a Deputación asume o 80%.