O Campionato de España de Probas combinadas conta co 75% de atletas da Sociedade Ximnástica
A Federación Galega acaba de dar a coñecer á selección que nos representará no Campionato de España de probas combinadas de Federacións Autonómicas, a celebrar en Cartaxena os días 2 e 3 de maio.
Na mesma aparecen tres atletas da Sociedade Ximnástica, dos catro que integrarán a expedición do noroeste de España. No apartado masculino están convocados Santi Ferrer Alonso e Darío Costas; mentres que por parte das mozas, estará Sandra Carballo.
Ademais acudirán os adestradores pontevedreses, Julio Ventín e Santi Ferrer Moreira.
A novidade este ano é a redución no número de integrantes de cada selección autonómica, dos 6 atletas que acudían pasouse a 4 por cada equipo; o que ampliou o número de federacións territoriais a competir, de 4 ás 8 seleccións que estarán na localidade Murciana.
Esta convocatoria é unha lombeirada ao gran labor que realiza a Sociedade Ximnástica coas probas combinadas; no que vai de tempada conseguíronse tres títulos de Clubs de Galicia e un subcampeonato, ademais de 6 medallas individuais nos Campionatos de Galicia.
Máis de 70 atletas da Sociedade Ximnástica participarán o fin de semana na competición do XOGADE
Intenso fin de semana para a Sociedade Ximnástica, se os maiores disputan o Campionato de Galicia por equipos, a canteira terán en Vilagarcía e Cangas do Morrazo, competicións do XOGADE de atletismo en pista, coa presenza de máis de 70 alumnos da Escola Municipal de Atletismo.
Será a última oportunidade para que todos eles consigan a marca que lles cualifique entre os 16 mellores do ranking na súa proba, de cara ao Campionato Provincial.
O sábado pola mañá os infantís acudirán a Vilagarcía; mentres que o domingo pola mañá será a quenda para os alevíns e benxamíns en Cangas de Morrazo.











