O C.R.C. O Torreiro de Priegue celebra o día da Nai con numerosas actividades

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNigrán
A-
A+

Nigrán celebra o día da Nai no C.R.C. O Torreiro con sorpresas para todas as nais e coa actuación dos grupos de gaitas, baile e panderetas o vindeiro 3 de maio ás 19.00 h. Por outra banda, o día previo, 2 de maio, ás 17.00 h., celébrase cos nenos de Priegue e a súa bisbarra un taller de xogos con contacontos e moitas sorpresas nunha sesión dirixida por Volvoreta e Voltereta. Os participantes nesta sesión poderán ir disfrazados.

30 de abril de 2015 | 11:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.