publicidade hoxe

O Burela Pescados Rubén vence ante o Gironella

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurelaDeportes
A-
A+

O Burela Pescados Rubén vence ao Gironella por 7-1 nun partido que no que as burelesas foron de menos a máis, á inversa que as catalás que iniciaron o partido moi enchufadas. Nada máis comezar o Gironella gozou dun par de ocasións que non souberon aproveitar, na primeira Shiori evitou o tanto visitante desviando baixo paus un disparo de Pilar e na segunda Ingrid non puido no man a man con Jozi. Co paso dos minutos o Burela Pescados Rubén foise desperezando aínda que as catalás mantiñan o tipo e ata se atrevían a presionar arriba. Chegando ao ecuador do primeiro periodo as mariñás comezaron a presionar máis e a xerar ocasións claras. Nunha delas, Shiori aproveitou unha gran xogada de Tainã para abrir o marcador (1-0), a brasileira foise do seu par en banda esquerda e enviou un gran pase ao corazón do área que a xaponesa non perdoou. Co 1-0 o Gironella mantivo a compostura pero comezou a afundir o seu defensa e nos minutos finais Peque e Tainã encarrilaron o duelo. No minuto 18, Peque marcou a porta baleira tras asistencia de Shiori e no último minuto Tainã, desde o dobrepenalti, fusilou a Noe cun gran disparo para marcar o 3-0 co que se chegou ao descanso. 

Na segunda parte o dominio do Burela Pescados Rubén foi absoluto ante un Gironella voluntarioso e con boa actitude defensiva pero escasos de recursos ofensivos e sen fuelle. No minuto 29, Peque aumentou a renda local cun potente disparo ante o que Noe pouco podía facer. O 4-0 deu paso a uns minutos intrancendentes e na recta final chegaron máis goles, Cris logrou o 5-0 tras unha nova asistencia de Shiori. Peque completou o seu hat trick co 6-0 e o 7-0 foi de Lidia en propia porta. As visitantes lograron tamén o seu gol do honra por mediación de Ingrid que estableceu o defnitivo 7-1. 

18 de abril de 2015 | 20:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.