publicidade hoxe

O Burela cae derrotado na pista do Aspil Ribera Navarra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurelaDeportes
A-
A+
Encontro Aspil Ribera Navarra e Burela

Encontro Aspil Ribera Navarra e Burela

O Burela Pescados Rubén cae derrotado na pista do Aspil Ribera Navarra (3-0) nun partido moi igualado que se decidiu na recta final. O duelo entre navarros e galegos comezou cun alto ritmo e durante os primeiros compases os locais estaban mellor ante un Burela Pescados Rubén que co paso dos minutos foise asentando, sobre todo despois do tempo morto solicitado por Juanlu.

A igualdade foi a nota predominante e a actuación de Molina e Alex evitaba que se modificase o marcador ata que o Aspil logrou abrir o marcador nunha gran volea de Andresito que coa súa zurda marcou o 1-0, minuto 18, e puido aumentar a renda pero Alex detivo o doblepenalti. Co 1-0 chegouse ao descanso e na continuación o choque alternou fases de xogo posicional con momentos de partido máis abertos no que se intercambiaron oportunidades pero o saldo mantívose favorable para os navarros.

A sete para o desenlace chegou a expulsión de Behroz, dobre amarela, que deixou aos mariñanos en inferioridad numérica perfectamente aproveitada polos navarros que rápidamente marcaron o 2-0 por mediación de Roger. O Burela Pescados Rubén buscou recortar distancias coa opción de porteiro xogador pero na primeira acción unha imprecisión laranxa propiciou o 3-0 logrado por Palmas desde propia pista. O terceiro tanto deixou sentenciado un partido igualado que se definiu polo maior acerto local aínda que o Burela loitou ata o final e puido marcar en dúas claras ocasións de Anxo que o pau e Molina evitaron.

18 de abril de 2015 | 20:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.