O Auditorio de Vilagarcía pendura o cartel de completo para recibir a Berto Romero
Os espectáculos de humor, en concreto os monólogos, seguen a triunfar en Vilagarcía. De feito, o Auditorio colga esta semana o cartel de aforo completo para a actuación que ofrecerá o venres o popular Berto Romero. O showman colaborador de Andreu Buenafuente porá en escena o espectáculo “Berto Romero sigue con nosotros” ante un patio de butacas cheo ata a bandeira. A función comezará ás 22:00 horas.
Sinopse
Os rumores eran certos. Berto Romero estaba atravesando unha etapa complicada. A fama subíraselle á cabeza, os traumas que carrexaba dende pequeno polo seu aspecto físico e la tormentosa relación coa súa familia fixéronlle ir dando tombos. Digámolo claro: non estaba ben. Pero Berto volveu. Agora é un pai responsable, un cómico respectado e está alcanzando a madurez. A un paso de converterse en cuarentón, cre ter aprendido algunhas boas leccións que quere compartir co público. Superou os complexos e traumas que o atenazaron no pasado, e todo apunta a que está desenvolvendo uns novos.
Polo demais, segue obstinado en cantar e bailar e en explicar a súa vida. E a de dos demais.
O propio Berto Romero firma, xunto con Rafael Barceló, o guión deste espectáculo que codirixe con Miquel Company. A música é obra de Iván Lagarto e Miquel Company.











