O alcalde de Monforte convocará unha reunión do CES para o día 14 de abril

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de Lemos
A-
A+

O alcalde de Monforte convocará unha reunión do Consello Económico e Social (CES), que se celebrará o martes día 14 de abril ás 20:00 horas no Salón de Plenos da Casa do Concello.

O obxecto da convocatoria é informar sobre a situación do proxecto da autovía A-76, despois de que o Ministerio de Fomento decidise abrir un novo prazo de alegacións nun tramo desta infraestrutura na Ribeira Sacra ourensá.

Severino Rodríguez e representantes dos empresarios monfortinos tamén informarán ó CES sobre a reunión que mantiveron en Madrid integrantantes da Plataforma Proautovía con responsables do Ministerio de Fomento.

1 de abril de 2015 | 11:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.