O Alcalde de Lugo preside a toma de posesión da nova Tesoreira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+
O alcalde de Lugo na toma de posesión

O alcalde de Lugo na toma de posesión

O Alcalde, José López Orozco, presidiu esta mañá a toma de posesión da nova Tesoreira municipal, María Aránzazu Sastre Carracedo, que se fará cargo deste posto en comisión de servizos.

María Aránzazu Sastre Carracedo desempeñará o cargo do posto de Tesoreira do Concello de Lugo en substitución de María Rosario Vázquez Fernández, que cesou o pasado día 20 para cubrir unha vacante en comisión de servizos no Concello da Coruña.

A nova Tesoreira municipal procede do Concello de Sarria onde desempeñaba o posto de Tesoreira.

28 de abril de 2015 | 18:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.