publicidade hoxe

O alcalde de Cambre recibe ao Club de Béisbol e Sófbol da localidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambre
A-
A+
O alcalde de Cambre cos equipos de Béisbol e Sófbol

O alcalde de Cambre cos equipos de Béisbol e Sófbol

O alcalde de Cambre, Manuel Rivas, recibiu hoxe en nome de toda a corporación municipal ao equipo feminino de Sófbol que recentemente participou no campionato de España sub 19 cultivando un merecido éxito. Rivas dirixiuse ao dez xogadoras do Club de Béisbol e Sófbol Cambre, que tomaron parte na selección galega sub19 recentemente. “Sodes un orgullo para todos os cambreses”, apuntou.

Desde o ano 1990, o Club de Béisbol e Sófbol Cambre, foi en creado para difundir e practicar o Béisbol e o Sófbol na nosa comarca e desde entón converteuse nunha referencia neste deporte. “Debemos ser xustos e agradecer o labor de técnicos, dirixentes e socios que fixeron posible esta fantástica andaina”, lembrou.

“Non é un deporte minoritario, todo o contrario, é un deporte de referencia no noso concello e vós facedes que creza e que se potencie polo que hai que dicir que non só os cambreses, senón todos os amantes a esta disciplina tesvos que estar profundamente agradecidos”

30 de abril de 2015 | 19:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.