O 20 de abril finaliza o prazo para presentar propostas para a execución do novo proxecto do castro de Elviña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

O Concello da Coruña informa de que se sacou a concurso o proxecto de escavación do castro de Elviña, para o que se reserva un investimento de 824.777 euros. As novas obras programadas, ademais de continuar cos traballos de investigación, tamén incluirán a realización de tarefas de mantemento e de conservación e restauración co obxectivo de facilitar as visitas ao xacemento.

O prazo para a presentación de propostas para a execución deste proxecto estará aberto ata o 20 de abril ás 13.00 horas. A proposta da Concellaría de Cultura que dirixe Ana Fernández, licítanse as obras do castro de Elviña por un orzamento máximo de 824.777,61 euros e un prazo de execución de 8 meses.

O novo proxecto non só permitirá concluír traballos de escavación en áreas que se atopan actualmente abertas e a súa contextualización arqueolóxica, senón que tamén buscará afianzar o xacemento como conxunto estrutural coherente e, por tanto, atractivo para o público. Desta maneira, priorizarase a consolidación e restauración das estruturas arqueolóxicas exhumadas.

11 de abril de 2015 | 12:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.