O “ 1 Convivio de Música e Danza do Carballiño” incorpora tres novas actividades ó programa cultural
A Escola de Cultura Popular anuncia a incorporación de tres novas actividades ó programa do “1 Convivio de Música e Danza do Carballiño” que terá lugar os días 25 e 26 de abril no Concello do Carballiño. Trátase dunha mesa redonda sobre “A música tradicional nas comarcas ourensás”, a exposición fotográfica “ESENCIAIS” de Rubén Vilanova, e o concerto de CAXADE.
Ata o momento asistirán máis de sesenta alumnos ao Convívio, que cerrará o prazo de inscrición o próximo mércores 15 de abril.
Cinco obradoiros, de música e danza tradicionais sobre gaita galega, canto, técnica vocal, percusión e baile tradicional serán o núcleo deste encontro, impartidos por cinco dos grandes referentes da música e o baile en Galiza, como son Xaquín Xesteira, Felisa Segade, Davide Salvado, Xosé Lois Romero ou Henrique Peón.
Estas Xornadas farán do Carballiño un lugar onde compartir visións sobre o noso patrimonio musical e a súa evolución, e onde mostrar as diferentes interpretacións na actualidade.
“En definitiva, o 1 CONVÍVIO pretende ser un encontro de músicos e bailadores que queiran seguir aprendendo con grandes mestres e disfrutar de dous días intensos en torno á música e á danza” comentan os organizadores.











