Numerosas actividades no Carballiño para celebrar o Día Internacional do Libro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

Co gallo da celebración da festividade do Día Internacional do Libro, 23 de abril, ao longo desa semana do 20 ao 24 de abril, terán lugar na vila de O Carballiño, as seguintes actividades de promoción do libro e de fomento da lectura.

– O día 21 de abril en horario de mañá os nenos do grupo de 2-3 anos da “Galiña Azul” visitarán as instalacións da Sección Infantil da Biblioteca Pública Municipal. A continuación terán unha sesión de contacontos teatralizado.

– O día 22 de abril en horario de mañá os nenos de 2ª de Primaria do Colexio Sagrado Corazón visitarán as instalacións da Biblioteca Pública Municipal, explicaraselles o funcionamento da mesma, ofreceraselles a posibilidade de facerse socios e, finalmente, terán tempo libre para que exploren por si mesmos como é a Biblioteca Infantil.

– Xa pola tarde, a partires das 17.30 horas, de man da compañía Xandobela, terá lugar a actividade “Pan e auga? Sopas!” actividade cofinanciada pola Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia con cargo ó programa “Ler conta moito”.

– O día 23 de abril, a partires das 17.00 horas na Praza Maior, a Biblioteca Pública Municipal en colaboración coas Bibliotecas dos Institutos da vila, farán unha pequena exposición dos seus libros e realizarán diversas actividades de promoción do libro e da lectura (lectura pública de poesía, lectura en distintos idiomas…)

– Por último, o venres 24 de abril, a partires das 17.30 horas, haberá un taller de manualidades na Sección Infantil da Biblioteca Pública Municipal. O taller consistirá na confección dun libro empregando material diverso.

20 de abril de 2015 | 19:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.