Novo podio para o Club Serra de Gondomar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesGondomar
A-
A+

Na terceira tirada de liga Galega de bosque 3d, organizada polo Club A Curota, nos montes de San Isidro (A Proba do Caramiñal) A Coruña, os arqueiros participantes foron un total de noventa e tres. Cunha mañá desapracible climatoloxicamente, con continuas chuvias esporádicas, os arqueiros do Club Serra de Gondomar, tiveron que desafiar o tempo e facer fronte a 20 dianas nun percorrido moi complexo e escorregadizo.

O Club Serra de Gondomar desprazaba 9 arqueiros, 5 en categoría sénior Israel Martínez, Mónica Ledo, que se lesionou a metade da competición nunha man, Iago Moeriras, Diego Presa e Marco Melón os cales se colocaron entre os 10 primeiros clasificados nas súas correspondentes categorías.

En menores de 14 anos as circunstancias foron máis favorables para o club, xa que Iker Barbero se colocaba entre os seis mellores de arco instintivo e Anxo Martínez conseguiu o cuarto posto, en arco composto.

O primeiro posto sería o de Rubén Rodríguez Alleres en arco composto, conseguindo a primeira praza na liga Galega de percorridos de bosque a falta de 3 probas.

27 de abril de 2015 | 18:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.