publicidade hoxe

Novo curso de edificación sostible en Gondomar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomar
A-
A+

A concellería de formación e emprego do concello de Gondomar, organiza un curso BREEAM, Edificación sostible; cuxo obxectivo é impartir os coñecementos básicos de construción sostible, a certificación de sostenibilidade, os métodos de avaliación ambiental e a formación específica BREEAM.

A formación que se suscita é técnica e específica dos sectores da construción e medio ambiente, polo que vai dirixido principalmente a arquitectos, aparelladores, enxeñeiros, enxeñeiros técnicos (industriais, minas, etc), enxeñeiros ambientais, etc.

O curso que disporá de 20 prazas será gratuito para o alumnado e terá lugar entre o 11 e o 14 de maio, ambas datas incluídas e en horario de 9:00-14:00 h. (20 horas lectivas).

Á finalización do curso os alumnos poderán obter, no caso de que superen un exame, o recoñecemento oficial “BREEAM ES ASOCIADO”, que acredita que dominan os conceptos básicos do sistema de certificación.

Para poder inscribirse, as persoas interesadas deberán cubrir unha solicitude que terán á súa disposición no Centro de Desenvolvemento Local do concello, aportando copia da titulación académica relacionada co tema e presentala entre o 20 de abril e o 1 de maio. Priorizaranse as seguintescondicións; empadroamento en Gondomar, estar desempregado inscrito na oficina de emprego e antigüidade como desempregado. A xustificación destes requisitos entregaranse xunto coa solicitude do curso.

20 de abril de 2015 | 12:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.